Escolas Deportivas CCAR

ccar valladares

 CCAR Valladares

As categorías do Fútbol Base de Valladares.

Senior Feminino

L.G.F. PRIMEIRA DIVISIÓN FEMININA

Xuvenil

LIGA GALEGA XUVENIL, Grupo 2º

Cadete A

LIGA GALEGA CADETE Grupo Sur 2º

Cadete B

2ª AUTONOMICA CADETE GR11-Vigo

Infantil

1ª AUTON. INFANTIL GR9-Vigo

Alevin A

PRIMERA ALEVIN F-8 GR51-Vigo
 

Alevin B

SEGUNDA ALEVIN F-8 GR55-Vigo

Benxamin A

SEGUNDA BENJAMIN F-8 GR55-Vigo

 

 

CCAR Valladares

efutbol

Nunha asemblea do día 2 de setembro de 1982 as categorías inferiores pasaron a formar parte do C.C.A.R., como filiais do C.D. Valladares. Este profundo traballo correspondeulle a Isidro Piñeiro Pérez como Director da Escola ao que se uniron dous baluartes Evaristo Rodríguez Figueroa (Tito Molas) no aspecto técnico e José Piñeiro Barreiro (José de Orindina) como Delegado Federativo. Tras eles, presidiron a Escola de Fútbol Manolo “Cacha”, Juan Vila Pérez e na actualidade Teodoro Davila Rial. Moitos foron tamén os Coordinadiores Deportivos que servian de enlace entre a directiva e adestradores mais xogadores. O primeiro foi Jorge Luis Gonzalez, para todos “Pahiño”, o “Mestre Pahiño” que ainda hoxe en día segue o pé do canón adestrando os mais pequenos da Escola de Fútbol. Posiblemente sen Pahiño, non se podería explicar o que hoxe en día é a Escola de Fútbol e o que significa para a nosa parroquia. Tras él durante a presidencia de Juan Vila o coordinador da Escola de Fútbol foi Enrique Comesaña “Paxuriño” modernizando a Escola de Fútbol e a forma de traballar cos rapaces. Con Teodoro Davila  na presidencia, o relevo colleouno un dos millores adestradores que pasou pola Escola de Fútbol e mais tarde polo C.D. Valladares, Rubén García “Almuiña”. Juan Davila Fernández “Juanote” está na actualidade neste cargo, na coordinación dos arredor de 150 rapaces que a día de hoxe practican o seu deporte favorito “gratuitamente” no Campo da Gándara. Creando ademais as Escolas Deportivas para darlle cabida os mais rapaces mais pequenos (de catro a oito anos) e facer que estes poidan competir ante outros equipos o fin de semana. Ademais, podemos falar da creación dun equipo femenino senior dentro da Escola Fútbol promovido por María Davila, unha das poucas “xogadoras” que pasou pola Escola de Fútbol.

Mención especial, merecen todos aqueles adestradores que de forma desinteresada formaron parte da Escola, adestrando por mera afición sen recibir ningúnha contraprestación a cambio mais ca de disfrutar cos rapaces e o ver como crecen e melloran tempada a tempada. Entre eles debemos destacar a “Kubala”, Juan Manuel,Rodrigo Alonso, Pablo “Jamonero”, Guillermo, Chamorro, Panucci,. “Edu Curta” e “Lolo Pichón” son parte da historia da Escola de Fútbol por ser, tras “Pahiño”, dous dos adestradores que mais tempadas botaron o servizo dos rapaces. Pero o mais destacado sen dubida debe ser Jorge, o fillo do “Mestre Pahiño” que logrou o ascenso a Liga Nacional Xuvenil a mediados da década dos noventa e que revolucionou por completo a forma de adestrar ata entonces en Valladares supondo a entrada do fútbol moderno na parroquia.  

Ademais de canteria de xogadores para o C.D. Valladares, a Escola de Fútbol tamén serviu de trampolín para moitos adestradores que acabaron sendoo do primeiro equipo da parroquia, o C.D. Valladares entre eles Moncho,  Fran Comesaña e Oscar Vila “Viliña”, ademais do anteriormente nombrado “Rubén Almuiña”.

CCAR Valladares crecendo ano tras ano en valores como clube deportivo e social.

  • Camiño do Futbol s/n
     Valladares,36315 Vigo

  • Telf: +34 986 468597 - Oficina-Fax
  • Telf: +34 986 467053 - Oficina CCAR
    +34 986 467052 - Fax CCAR

        

CD Valladares twiter